ATAQUE CARDÍACO

PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE

Image24

Un ataque cardíaco acontece cando o fluxo de sangue que leva osíxeno ao corazón se bloquea. O miocardio resulta privado de osíxeno e comeza a morrer.

Os síntomas dun ataque cardíaco poden variar dunha persoa a outra e poden ser leves ou intensos. As mulleres, as persoas de idade avanzada e os diabéticos teñen maiores probabilidades de presentar síntomas sutís ou inusuais.

image54

Síntomas
• Cambios no estado mental, particularmente en persoas de idade avanzada
• Dor torácica que se sente como presión, compresión… xeralmente no centro do peito. Pódese sentir na mandíbula, o ombro, os brazos, as costas e o estómago. Dura máis duns cantos minutos ou aparece e desaparece.
• Suor fría
• Mareos
• Náuseas (máis común nas mulleres)
• Entumecemento, dor ou formigo no brazo (polo xeral o esquerdo)
• Dificultade para respirar
• Debilidade ou fatiga, particularmente en persoas de idade avanzada.


Se vostede cre que alguén está a sufrindo un ataque cardíaco:

• Procure que a persoa se sente, descanse e trate de manter a calma.
• Afrouxe calquera peza de vestir axustada.
• Pregúntelle se toma medicamentos para a dor torácica por unha enfermidade cardíaca coñecida, como nitroglicerina, e axúdeo a tomalo.
• Se a dor non desaparece rapidamente co repouso ou ao cabo de tres minutos despois de tomar a nitroglicerina, solicite axuda médica urxente.
• Se a persoa está inconsciente e non reacciona, chame ao 112 ou 061 e logo si é necesario inicie a RCP segundo o seguinte protocolo:

RCP