CONVULSIÓNS

PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE

O primeiro é protexer á persoa de posibles golpes ou lesións. Para iso, despexa a zona na que se atope e coloca unha almofada ou algo brando debaixo da súa cabeza.

Afrouxar a roupa da vítima, sobre todo, na zona do pescozo e quítarlle as lentes se ten.

Image138 image120

Non trate de facer o boca boca, nin de inmobilizar á vítima á forza: Tan só avisar ao servizo de emerxencias e non deixala sóa nin un momento ata que cheguen as asistencias.



Nunca introducir nada na boca:
Durante moitos anos, críase que isto era o adecuado. Con todo, é moi perigoso introducir obxectos na boca dunha persoa que está a sufrir unha crise  epiléptica, xa que podería afogarse. Non se tragará a lingua, como moito morderáa.

Unha vez rematen as convulsións, coloque á persoa en posición lateral de seguridade.

image121