image29

USO DO DESFIBRILADOR (DESA)

D.E.S.A. : Desfibrilador Externo Semi Automático

Image31

CANDO CHEGUE O DESA
Tan pronto como chegue o DESA:
Poña en funcionamento o DESA e aplique os parches adhesivos no peito espido do paciente.
Se hai máis dun reanimador, as manobras de RCP débense continuar mentres se colocan os parches sobre o peito.

image30

SIGA AS INSTRUCIÓNS
Ao activar o DESA, comezará a emitir sinais sonoras e/ou visuais: siga as indicacións.

O primeiro paso será a análise do ritmo cardíaco. Asegúrese de que ninguén toca a vítima mentres o DEA realiza a análise do ritmo.

image31

APLIQUE UNHA DESCARGA
Se o DESA considera que está indicada unha descarga, asegúrese de que ninguén toca a vítima e
aperte o botón de descarga como se indica.
Continúe seguindo as instrucións visuais/sonoras.

image32

CONTINÚE RCP
Se o DESA o indica, continúe coa RCP, reiniciando inmediatamente RCP 30:2.
Continúe seguindo as instrucións visuais/sonoras.

image33

RECUPERACIÓN
Se está seguro de que o paciente respira con normalidade pero non responde, colóqueo en posición lateral de seguridade.








É raro que a RCP por si soa reinicie o corazón. A non ser que estea seguro de que o paciente está recuperado continúe a RCP.

Signos de que a vítima se recuperou:
• Comeza a espertar,
• Móvese,
• Abre os ollos,
• Respira con normalidade.

Estea preparado para reiniciar a RCP inmediatamente se o paciente se deteriora.

Image33

Importante: débense escoller os parches axeitados segundo a idade do paciente.