Unha hemorraxia prodúcese pola rotura dun vaso sanguíneo.
Atendendo ao tipo de vaso que se rompeu, a hemorraxia (exterior) pode ser:
ARTERIAL: O sangue sae dunha arteria, a impulsos e cunha cor vermella intensa. Moi perigosas pola gran perda de sangue que presentan.
VENOSA: O sangue sae dunha vea e faio de forma continua e cunha cor vermella escura.
CAPILAR: As feridas máis comúns e menos perigosas. Son superficiais e con pouca saída de sangue.
PRIMEIROS AUXILIOS
Aplique presión continua cun pano limpo ou unha gasa, elevando a extremidade afectada.
Se a hemorraxia non cesa, aplique presión por enriba do punto sangrante cortando o fluxo de sangue só na arteria ou vea afectada.
Non realizar torniquetes.
HEMORRAXIA ARTERIAL
HEMORRAXIA VENOSA
HEMORRAXIA CAPILAR