¿QUE É O ICTUS?
O ictus prodúcese como consecuencia de interrupción repentina do rego sanguíneo nunha parte do cerebro, o que conduce á destrución das neuronas afectadas.
Ademais de ser a segunda causa de morte entre maiores de 60 anos, é a quinta causa principal de falecementos no mundo para persoas de entre 15 e 59 anos.
SÍNTOMAS:
• Debilidade ou adormecemento nun brazo, perna ou metade da cara.
• Confusión: dificultades para falar ou entender.
• Cegueira: visión borrosa ou perda de visión nun ollo ou ambos os dous.
• Dificultades para manter o equilibrio ou desprazarse.
• Dores intensas e repentinas de cabeza.
O QUE SE DEBE FACER:
• Chamar ao 061, ante a mínima sospeita.
• Se a vítima aínda está consciente, debemos deitala boca arriba e desabrochar todas as súas pezas de vestir para que repouse tranquilamente.
• No caso de que a persoa non responda ou vomita estando conscente, debemos colocala en posición lateral de seguridade.
O QUE NON SE DEBE FACER
• Non debemos perder o tempo tratando de calmar os síntomas, como a parálise, ou o adormecemento.
• Non ofrecer nada de alimento ou bebida á persoa que poida estar a ter un ictus.