Se sospeita que unha persoa pode ter unha lesión na columna (tras unha caída e/ou golpe, e a persoa non se pode mover por si mesma) hai que solicitar asistencia médica inmediata, e non mobilizar á vítima, salvo se é estrictamente necesario:
Non dea volta a unha persoa sen axuda. Se ten que voltear á persoa porque está a vomitar, asfixiándose con sangue ou porque ten que asegurarse de que aínda respira, necesitará polo menos a outra persoa. Un debe situarse na cabeza e o outro ao longo do costado da persoa lesionada. Traballen xuntos para manter a cabeza, o pescozo e as costas da persoa aliñados mentres lla coloca de costado.
Se a situación require mover á vítima, por exemplo en caso de incendio, prepare o accidentado para o transporte. Con máximo coidado deslice unha táboa ancha baixo a vítima.