PICADURAS / MORDEDURAS

PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE

Lave a ferida con auga e xabón. Controle a hemorraxia comprimindo cun apósito ata que cese. Vende a ferida.

Picaduras de insectos: Se deixou o aguillón na pel debe extraerse raspándoo con suavidade por exemplo cunha tarxeta de crédito, nunca usar pinzas. Despois, dar toques con amoníaco diluído ou iodo.horas e ten un diámetro maior de 10 cms.

Image127

REACCIÓNS ALÉRXICAS A PICADURAS

Reacción local extensa: é a máis frecuente e consiste na aparición dunha roncha na zona na  que nos picou. A roncha é de color vermella, está hinchada e pica; sóe durar máis de 48 horas e ten un diámetro maior de 10 cms.

image108

Anafilaxia: Nestes casos a reacción vai ser grave, xeralizada e rápida. Dase na primeira hora dende que nos pica a abella ou a avespa e aparecen síntomas cutáneos na piel como enroxecemento, picor das palmas das mans e as plantas dos pes…
Ademáis, pode haber pérdida do coñecemento e síntomas respiratorios coma asfixia ou parada cardiorrespiratoria.

image109

Pódese chamar ao teléfono da Xunta 012 para avisar da presenza do niño, ou ao número único de atención ás emerxencias 112 a condición de que a súa localización supoña un risco para persoas alérxicas, enfermos ou menores.

Image131 image114 image115

AVESPA ASIÁTICA OU VELUTINA
A avespa velutina é unha especie invasora ten as patas amarelas e a cabeza e tórax case negros.

Ao ser un insecto de maior tamaño que unha avespa autóctona, na súa picadura inocula unha maior cantidade de veleno e é máis dolorosa.

Aínda que por separado non son perigosas para as persoas non alérxicas, un enxame de avespas “enfadadas” si pode supoñer un problema grave.

Se detecta a presencia dun niño de avespas nas proximidades do centro de traballo, lembre que son moi perigosas e débese manter unha distancia de seguridade de 5 metros cos niños, que no caso das velutinas adoitan ter forma de pera: