Queimaduras de 1º Grao
Só afectan á capa máis superficial da pel, e caracterízanse por un roxado da pel que doe ao contacto, comunmente atopámolas cando a persoa tivo unha exposición prolongada ao sol. Son as máis frecuentes de atopar, sobre todo no verán.
Queimaduras de 2º Grao
Son un pouco máis profundas, e a súa característica principal é a aparición de bochas. As bochas son un sistema de defensa: protexe das infeccións e, co líquido que conteñen, hidratan a ferida e axudan á cicatrización. Estas queimaduras son moi dolorosas.
Queimaduras de 3º Grao
Nestas queimaduras podemos ver tecido carbonizado, as terminacións nerviosas encargadas de transmitir a dor destrúense, por iso é polo que se diga que as queimaduras de terceiro grao non doan.
PRIMEIROS AUXILIOS
Queimaduras de 1º e 2º grao: Manteña a área queimada baixo un chorro de auga fría durante uns dez minutos ou ata que cese a dor; colocar compresas frías na zona.
Queimaduras de 3º grao: Queimadura grave. Cubra a área queimada cunha compresa estéril empapada e suxeita cunha venda. Non tocar a área queimada. Non aplique locións nin pomadas; non rompa ampolas. Non retirar as roupas se están adheridas.
Se está inconsciente: colocar en posición que asegure a vía aérea libre. Envólvao nunha saba húmida e solicite unha ambulancia.