O conservatorio profesional de música de Vigo está formado por un bloque de forma rectangular que consta de planta baixa mais 2 plantas cunha superficie total construida de 4.051 m2.
O edificio conta con ascensor e escaleiras que unen tódalas plantas, conta con catro patios axardinados e cunha azotea onde se atopan dúas caldeiras de gas natural para o sistema de calefacción e unha bomba eléctrica xeradora de calor e frío para o sistema de climatización do auditorio e da aula magna.
MEDIOS DE AUTOPROTECCIÓN
· Sistema de alarma de incendios
· Extintores de incendios
· Bocas de Incendios Equipadas
· Iluminación de emerxencia
· Alimentación eléctrica secundaria
· Material de Primerios Auxilios
PERSOAL NO EDIFICIO
Clasificamos aos usuarios en cinco clases:
TRABALLADORES DO CENTRO DE TRABALLO:
• Persoal de administración, xestión e profesorado.
• Persoal de Conserxería
• Persoal de Limpeza
ALUMNADO, USUARIOS e PÚBLICO:
• Alumnado do Conservatorio
• Familiares en vestíbulo da Planta Baixa
• Público dos eventos no Auditorio
Sectores de incendios: O edificio está destinado a uso docente ten unha superficie construída pechada de 4.051 m2, polo que en aplicación das CPI-96 (vixente na data de construción do edificio), está compartimentado en dous sectores de incendios. O maior deles, de 3.274 m2 constitúeo a zona docente propiamente dita, mentres que o outro, de 777 m2 fórmao o corpo onde se localiza a sala polivalente e a aula de coro e orquestra, amén do espazo de instalacións que lles serve. Están sectorizados tamén os espazos destinados a instalacións.
Ademais pertencen ao complexo do conservatorio profesional de música unha zona axardinada lindando coa rúa Ángel Llanos e un aparcadoiro en superficie que linda coa Igrexa de San Antonio da Florida sumando un total do soar de 5.260 m2.
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: