Para a implantación do PAU, crearonse as seguintes figuras e equipos de emerxencias:
Director do plan de Actuación ante Emerxencias (DPAE)
Equipo de Primeira Intervención (EPI)
Equipo de Alarma e Evacuación(EAE)
Equipo de Primeiros Auxilios (EPA)
Equipo de Emerxencia (EE)
DPAE
Director do Plan de Actuación ante Emerxencias
É o responsable de activar o plan de acordo co establecido neste, declarando a correspondente situación de emerxencia, notificando aos Servizos de Emerxencias, informando ao persoal, e adoptando as accións inmediatas para reducir as consecuencias do accidente ou suceso.
É o responsable da valoración in situ da emerxencia, asumindo a dirección e coordinación dos membros do EE.
O DPAE e os seus substitutos foron escollidos tendo en conta os diferentes tramos horarios e de ocupación, de xeito que sempre poda estar presente a lo menos unha persoa.
EPI
Equipo de Primeira Intervención
En caso de incendio: Os membros do EPI deberán presentarse no lugar da emerxencia coa intención de controlala cos medios á súa disposición. Poden realizar o corte e Rearme de subministros.
EAE
Equipo de Alarma e Evacuación
En caso de Evacuación: A misión dos membros do EAE é comunicar a orde de evacuación e asegurar unha evacuación total e ordenada.
EPA
Equipo de Primeiros Auxilios
En caso de emerxencia médica: A súa función é aplicar os primeiros auxilios a persoas lesionadas no edificio e decidir a necesidade da prestación de axuda externa.
EE
Equipo de Emerxencia
A súa función é xetionar as posibles situacións de emerxencia que podan ter lugar durante os eventos no Auditorio.
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: