Calquera persoa que sufra un problema de saúde no edificio será atendida inmediatamente.
Unha vez detectada a emerxencia, o primeiro paso é protexer á vítima, comprobando que non está nunha situación na que a súa integridade física corre perigo. (recibindo unha descarga eléctrica, preto dun incendio, en contacto con produtos químicos, etc...)
Unha vez recibida a notificación da emerxencia o DPAE enviará á zona ao EPA.
O EPA permanecerá en contacto co DPAE, valorará a emerxencia, e comunicará a necesidade da presenza de Servizos Externos de Emerxencias. Se é necesario, o propio persoal do EPA chamará ao 061 solicitando axuda externa.
No tempo de espera ata a chegada dos Servizos Externos de Emerxencias, o persoal do EPA administrará os primeiros auxilios á vítima, dentro das posibilidades que a súa formación e os medios técnicos dispoñibles o permitan. O persoal do EPA permanecerá en comunicación telefónica co 061 durante a intervención, de xeito que poidan recibir as indicacións proporcionada polo persoal médico do Centro de Atención de Emerxencias.
No caso de ser necesaria a presencia de Servizos Externos de Emerxencias, o DPAE enviará a unha persoa para que os reciba e os dirixa ao punto da emerxencia, onde serán informados da situación polo EPA.
GUÍA BÁSICA
DE PRIMEIROS AUXILIOS
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: