AMEAZA
A vía máis probable de recepción dunha ameaza de bomba é mediante unha chamada telefónica, aínda que se poderá orixinar unha situación de emerxencia pola recepción dunha carta anónima, a presenza dun paquete sospeitoso, ou outros medios.
RECOLLIDA DE DATOS
Se a ameaza é recibida por vía telefónica, o receptor da chamada procederá a recoller a maior cantidade de datos posible.
AVISO AO C.P.E.
A persoa que atenda a chamada inmediatamente procederá a avisar e informar ao DPAE que informará ao Corpo Nacional de Policía - 091, quen procederá a valorar a veracidade da ameaza, e decidirá a actuación a seguir:
A) EVACUACIÓN DO EDIFICIO
Se o CNP estima que a ameaza de bomba ten fundamento, ordenará a evacuación TOTAL do recinto.
Especialistas do CNP (TEDAX-NRBQ) acudirán ao recinto para a detección, e no seu caso, desactivación, dos posibles artefactos explosivos.
B) FIN DA EMERXENCIA
Se o CNP estima que a ameaza de bomba carece de fundamento, dará fin á situación de emerxencia.
EVACUACIÓN
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: