ATRAGOAMENTO

PRIMEIROS AUXILIOS EN CASO DE

SOSPEITA DE ATRAGOAMENTO
Os condutos respiratorios bloqueados por algún corpo estraño impiden a respiración e asfixian en poucos minutos. Sospeite atragoamento, especialmente se a vítima está comendo.


ANIME A TUSIR

Indique á vítima que tusa


DEA 5 GOLPES NAS COSTAS
Se a vítima mostra signos de obstrución grave da vía aérea e está consciente dea 5 golpes nas costas.
Sitúese ao carón e lixeiramente detrás da vítima.
Aguante o peito cunha man e incline a vítima ben cara adiante de modo que cando o obxecto causante da obstrución sexa desprazado progrese cara a boca en vez de irse máis abaixo na vía aérea.
Dea ata cinco golpes secos entre as escápulas co talón da súa outra man.


DEA 5 COMPRESIÓNS ABDOMINAIS

Se cinco golpes nas costas non conseguen aliviar a obstrución da vía aérea, dea ata cinco compresións abdominais como sigue:

Sitúese detrás da vítima e arrodéeo con ambos os brazos pola parte superior do abdome.

Incline á vítima cara adiante.

Peche o puño e colóqueo entre o embigo e a caixa torácica; Agarre este puño coa outra man e empurre forte e rápido cara dentro e cara arriba.

Repita ata cinco veces.

Se a obstrución non se alivia aínda, continúe alternando cinco golpes nas costas con cinco compresións abdominais.


COMPROBAR OS SIGNOS VITAIS
Se a persoa entra en parada cardiorrespiratoria, aplicar RCP de acordo ao seguinte protocolo:

image59 image60 image62

x5

Image78

x5

id682102424 image64 image67 Shape79 image68 Image83

(ADULTOS)

As compresións abdominais poden causar lesións internas e polo tanto todas as persoas que foron tratados con compresións abdominais deben ser explorados por un médico.