image18

AVALÍE Á VÍTIMA
Sacuda suavemente os seus ombreiros e pregunte en voz alta:
“Atópase ben?”
Se responde, déixeo na posición na que o atopou, sempre que non exista maior perigo; tente pescudar que problema ten e consiga axuda se se necesita; reavalíeo con frecuencia.

id1589984614

VÍA AÉREA
Coloque á vítima cara arriba.
Manobra Fronte-Mentón: Coloque a súa man sobre a fronte e incline suavemente a cabeza cara atrás; coa xema dos seus dedos baixo o queixo da vítima, eleve o queixo para abrir a vía aérea.

A Manobra de Tracción Mandibular é a recomendada en caso de traumatismo.

RESPIRACIÓN
Nos primeiros minutos dunha parada cardíaca, unha vítima pode estar practicamente sen respiración, ou presentar boqueadas infrecuentes, lentas e ruidosas. Non confunda isto coa respiración normal.

Mire, escoite e sinta durante non máis de 10 segundos para determinar se a vítima está respirando normalmente.
Se ten algunha dúbida acerca de se a respiración é normal, actúe como se non estivese respirando normalmente e prepárese para comezar RCP.

NON RESPONDE E NON RESPIRA CON NORMALIDADE
Pida a alguén que chame os servizos de emerxencias (061) se é posible, se non chámeos vostede mesmo.
Permaneza xunto á vítima mentres fai a chamada se é posible.
Active a función mans libres no teléfono para comunicarse mellor co operador telefónico de emerxencias.

image16 image17 image19 image20

ENVÍE A POLO DESA
Se é posible envíe a alguén a buscar un DESA e traelo. Se está
vostede só, non abandone á vítima, e comence a RCP.

COMPRESIÓNS TORÁCICAS
Axeónllese ao carón da vítima.
Coloque o talón dunha man no centro do peito da vítima; (que é a metade inferior do óso central do peito da vítima, o esterno).
Coloque o talón da outra man encima da primeira.
Entrelace os dedos das súas mans e asegúrese de que a presión non se aplica sobre as costelas da vítima .
Manteña os seus brazos rectos e ríxidos.

Non faga presión sobre a parte alta do abdome ou a parte final do esterno (óso central do peito).
Despois de cada compresión, libere toda a presión sobre o peito sen perder contacto entre as súas mans e o esterno.
Repita a unha frecuencia de 100-120 por minuto.

image21 image22 image24

SE ESTÁ FORMADO E É CAPAZ
Combine a RCP con respiracións de rescate, mediante dúas insuflacións cada 30 compresións torácicas.



SE NON ESTÁ FORMADO OU NON É CAPAZ

Faga RCP só con compresións (compresións continuas, a unha frecuencia de 100-120 por minuto).

image25 image26 image27 USO DO DESA

RECUPERACIÓN
Se está seguro de que o paciente respira con normalidade pero non responde, colóqueo en posición lateral de seguridade, con moito coidado en caso de traumatismo: é moi importante que o xiro da persoa sexa en bloque, entre dúas persoas, mantendo control cervical para previr calquera tipo de lesión medular.








É raro que a RCP por si soa reinicie o corazón. A non ser que estea seguro de que o paciente está recuperado continúe a RCP.

Signos de que a vítima se recuperou:
• Comeza a espertar,
• Móvese,
• Abre os ollos,
• Respira con normalidade.

Estea preparado para reiniciar a RCP inmediatamente se o paciente se deteriora.

image28

Non interrompa a resucitación ata que:
• Un profesional sanitario lle diga que pare.
• A vítima comence a espertar: se mova, abra os ollos ou respire con normalidade.

REANIMACIÓN

CARDIPULMONAR

(R.C.P.)

(ADULTOS - MAIORES DE 8 ANOS)

Image52 image125