AVALÍE Á VÍTIMA
Estimular o neno con suavidade e preguntarlle en voz alta: Estás ben?
Se responde, verbalmente, chorando ou movéndose:
• Deixar o neno na posición na que se atopou (a menos que estea exposto a algún perigo adicional).
• Comprobar o seu estado e pedir axuda.
• Reavaliar a súa situación de forma periódica.
Se o neno non responde:
• Gritar pedindo axuda e chamar ao 061.
• Con coidado, xirar o neno e colocalo en decúbito supino.
• Abrir a vía aérea do neno, estender a súa cabeza e elevar a súa mandíbula (manobra fronte-queixelo)
RESPIRACIÓN
Nos primeiros minutos dunha parada cardíaca, unha vítima pode estar practicamente sen respiración, ou presentar boqueadas infrecuentes, lentas e ruidosas. Non confunda isto coa respiración normal.
Mire, escoite e sinta durante non máis de 10 segundos para determinar se a vítima está respirando normalmente.
Se ten algunha dúbida acerca de se a respiración é normal, actúe como se non estivese respirando normalmente e prepárese para comezar RCP.
Se o neno respira con normalidade:
• Virar o neno ata colocalo nunha posición lateral de seguridade (ver máis abaixo). Se houbo algún traumatismo, debe considerarse a posibilidade de que exista unha lesión da columna cervical.
• Enviar a alguén a buscar axuda (ou ir un mesmo). Chamar ao número de emerxencias 061.
• Comprobar de forma periódica que o neno segue
respirando.
Se a respiración non é normal ou o neno non respira:
• Extraer con coidado calquera corpo estraño que obstrúa a vía aérea.
• Dar cinco insuflacións iniciais de rescate, e manter aberta a vía aérea.
Insuflacións de rescate nenos maiores de 1 ano
• Asegurar a apertura da vía aérea coa manobra fronte-queixelo.
• Pinzar a parte branda do nariz cos dedos polgar e índice da man que está apoiada na fronte.
• Permitir que se abra a boca, pero manter a elevación do queixelo.
• Inspirar e colocar os labios na boca do neno, asegurándose de conseguir un bo selado.
• Insuflar aire de forma sostida durante arredor de 1
segundo, e comprobar que o peito do neno se eleva.
• Manter a extensión do pescozo e a elevación do queixelo, retirar a boca da vítima e comprobar que o peito descende cando sae o aire.
• Inspirar de novo e repetir a secuencia descrita cinco veces. Comprobar a súa eficacia observando que o peito do neno se eleva e descende cada vez, de modo similar ao movemento dunha respiración normal.
COMPROBAR OS SIGNOS VITAIS
Durante un máximo de 10 segundos:
Comprobar se existen signos vitais, que inclúen calquera movemento, tose ou respiración normal (as respiracións agónicas, esporádicas ou irregulares non son respiracións normais). Se se
comproba a existencia de pulso arterial, non se debe facer durante máis de 10 segundos. A palpación do pulso é pouco fiable e polo tanto é o aspecto xeral do neno o que debe servir de guía para decidir se se precisan compresións torácicas. Se non hai signos vitais débese empezar as compresións torácicas.
Se nestes 10 segundos se comproba claramente que existen signos vitais:
• Continuar coas respiracións, se son necesarias, ata que o neno recupere unha respiración adecuada por si mesmo.
• Se o neno respira pero permanece inconsciente, colocalo en posición lateral de seguridade (con coidado se hai sospeita de traumatismo).
• Reavaliar o neno frecuentemente.
Se non hai signos de vida
• Empezar as compresións torácicas.
• Coordinar as insuflacións coas compresións torácicas (cunha relación de 15 compresións e 2 insuflacións).
COMPRESIÓNS TORÁCICAS
Para evitar comprimir sobre o abdome superior, débese atopar a apófise xifoides do esterno atopando o punto onde se unen no centro as costelas inferiores. Colocar o talón dunha man sobre o esterno, aproximadamente un través de dedo por enriba da apófise xifoides. Elevar os dedos para asegurar que a presión non se aplica sobre as costelas do neno. Colocarse na vertical do peito da vítima e, co brazo estendido, comprimir o esterno para deprimilo polo menos un terzo do diámetro anteroposterior do tórax ou 5 cm.
Con ambos os métodos, débese deprimir o esterno a un ritmo de 100-120 compresións por minuto.
Non interromper a reanimación ata que:
• O neno mostre signos de vida (empece a espertar, a moverse, a abrir os ollos e a respirar normalmente).
• Cheguen outros profesionais sanitarios que poidan axudar ou tomar o control da reanimación de forma efectiva.
• O reanimador estea esgotado.
USO DO DESA
En nenos maiores e/ou cando os reanimadores non teñen suficiente forza, as compresións torácicas realízanse máis facilmente utilizando as dúas mans, cos dedos do reanimador
entrelazados.