Os puntos do edificio nos que se pode dar un escape de gas son:
• Acometida de subministro (Rúa Velázquez Moreno)
• Canalizacións
• Sala da Caldeira (Planta 5)
• Cociña do restaurante (Planta 6)
Probablemente a persoa que detecte a fuga encontrarase próxima ao lugar da emerxencia: coma o persoal da cociña ou das oficinas, que comunicarán a situación ao DPAE.
Detectada unha fuga, o DPAE e/ou o EPI procederán ao peche inmediato das chaves de corte de subministración ao equipo. Se continúa a fuga por producirse na liña xeral procederase ao peche da chave de corte xeral. Se a intervención resulta efectiva, chamar ao servizo técnico para a reparación do sistema.
En función da información recibida e da evolución da emerxencia,
poderá ser necesario que o DPAE active algún dos seguintes protocolos:
EVACUACIÓN
EMERXENCIA MÉDICA
Se a intervención non resulta efectiva e a fuga continúa:
Informar a DPAE quen chamará ao Servizo de Técnico do subministro:
En calquera caso:
· Non accionar interruptores nin mecanismos eléctricos.
· O persoal do EAE evacuará inmediatamente a zona da fuga e zonas adxacentes.
· Abrir portas e ventilar os locais.
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: