O número de persoas que acoden aos eventos que teñen lugar no AUDITORIO DAVID RUSSELL (Planta Baixa) debe ser controlado, evitando superar a ocupación prevista para a sala, establecida en 167 persoas. (Incluíndo o persoal técnico e artístico do evento, no seu caso)
No caso de eventos de pago non se emitirán máis entradas das debidas, e se controlará a validez das mesmas no momento de acceso ao Auditorio.
En eventos gratuítos contabilizaranse as persoas que acceden á sala, e unha vez acadada a capacidade máxima, declararase o aforo completo e non se permitirá o acceso a máis persoas. O persoal de control de acceso poderá contabilizar as saídas e compensalas con entradas, pero en ningún momento se poderá superar a capacidade máxima establecida para a sala.
Se se detecta sobreaforo na sala, o persoal do EE comunicará a situación ao DPAE e as actividades deben ser interrompidas ata que se recobre unha situación de normalidade. Se non fose posible recobrar a situación de normalidade, deberase suspender o evento.
En función da información recibida e da evolución da emerxencia,
poderá ser necesario que o DPAE active algún dos seguintes protocolos:
EVACUACIÓN
EMERXENCIA MÉDICA
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: