Os ascensores contan cun dispositivo telefónico de chamada de emerxencia, que permite a comunicación inmediata e directa entre a cabina e o servizo Técnico empresa mantedora. Os ascensores dispoñen de baterías que dotan de dúas horas de autonomía á luz de cabina e á alarma de emerxencia no caso de que o ascensor quede sen subministración eléctrica
Cando se produza a situación de emerxencia, serán os propios usuarios do ascensor os que darán aviso ao Servizo Técnico, empregando o sistema de chamada de emerxencia instalado no ascensor. A empresa mantedora enviará a persoal técnico para realizar o rescate das persoas atrapadas.
Unha vez detectada a situación de emerxencia (persoas atrapadas), informarase ao DPAE, quen verificará que foi solicitada a axuda ao Servizo Técnico, e se non é así (por avaría do sistema de chamada de emerxencia) porase en contacto coa empresa mantedora :
O DPAE enviará a algunha persoa a tranquilizar e informar ás persoas bloqueadas mentres chega a axuda.
NO CASO DE EMERXENCIA GRAVE
Soamente en caso de perigo por incendio, ameaza de bomba, ou emerxencia médica na cabina do ascensor o persoal de mantemento do edificio (se estivese capacitado para elo) activará o protocolo de rescate de emerxencia establecido polo fabricante do ascensor.
Se non hobese persoal capacitado para realizar o protocolo de rescate será necesario chamar ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo:
En función da información recibida e da evolución da emerxencia,
poderá ser necesario que o DPAE active o seguinte protocolo:
EMERXENCIA MÉDICA
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: