Unha vez recibida a comunicación a emerxencia (fallo do subministro de enerxía nalgunha zona do Centro de Traballo) o DPAE solicitará ao Persoal de Mantemento do edificio que intente solucionar o problema comprobando os cadros eléctricos. Se non pode restablecer a enerxía chamarase ao servizo técnico da empresa subministradora:
En caso de fallo no subministro de electricidade, actívase automaticamente o sistema de iluminación de emerxencia, que debe ter, como mínimo, capacidade para dúas hora de funcionamento sen subministro eléctrico.
En caso de fallo no subministro de electricidade, entra automáticamente en funcionamento o grupo electróxeno, que alimenta os servizos básicos do edificio, incluíndo zonas de servizos comúns, equipos de extinción de incendios, e ascensor.
Se o fallo se produce durante o día, comprobarase que non quedaron bloqueadas persoas no ascensor por esta causa, e esperarase ao restablecemento do subministro.
Se o fallo se produce durante a noite e as circunstancias o aconsellan, abandonar de forma serena os edificios, comprobando que non quedan persoas no interior.
En función da información recibida e da evolución da emerxencia,
poderá ser necesario que o DPAE active algún dos seguintes protocolos:
EMERXENCIA MÉDICA
INCIDENTE EN
ASCENSORES
PREVENTECNIA
Rúa Velázquez Moreno, 9 Oficina 402
36201 Vigo 986 120 342
info@preventecnia.com
www.preventecnia.com
WebApp desarrollada por: